martes, 9 de abril de 2013

DE PROFESIÓN...CIENTÍFICA

Hoxe recibimos a visita dunha gran científica do IIM- CSIC !!! a científica Luisa!!
Para comezar, xogamos a adiviñar a súa profesión (aínda que algúns xa tiñan algunha idea).
Contounos a súa fascinante historia de como e por que decidiu dedicarse á ciencia e á investigación mariña; unha historia que comeza na súa infancia e as súas experiencias na praia xunto coa súa familia .



Despois, descubriunos que moitos dos personaxes que coñecemos, e que tanto nos gustan, son animais mariños que na realidade teñen características moi particulares e non sempre coinciden co que vemos nos debuxos. É o caso de BOB ESPONXA e os seus amigos:


Tamén nos ensinou varios vídeos sobre estes animaliños tan interesantes e deixounos tocar esponxas mariñas  naturais e observar os chamados "artemias", uns crustáceos moi moi pequeniños que serven de alimento para os cabaliños de mar.





Por último, e deixando as portas abertas á nosa curiosidade e motivación por investigar, entregounos unha especie de "bechiños" que temos que investigar para saber o que son.


Comeza aquí unha nova andaina para nós e unha nova vía de investigación.... e quen sabe? pode ser o inicio dos grandes científicos de investigación mariña do mañá!!!!

Do que non hai ningunha dúbida é de que resultou unha experiencia inesquecible!!!!Moitas grazas Luisa!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario